Sunday 08 de September de 2024

Trinta persoas desafiaron ao mal tempo e percorreron os 16 km entre Outes e Noia nas andainas polo Camiño a Santiago pola Ría


Un total de trinta persoas participaron onte domingo na cuarta etapa na das Andainas polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia, organizadas polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. A diferenza das tres primeiras, o tempo non acompañou, e a choiva restou afluencia á andaina de 16 quilómetros entre as localidades de Outes e Noia.

A expedición partiu desta vez da estación de autobuses de Noia, onde colleron un autocar ata o veciño concello de Outes, dende cuxa casa consistorial iniciaron os 16 km de percorrido polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia ata o punto de partida. Unha andaina encabezada polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado polos técnicos municipais de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, e de Deportes, Germán Romero.